CONCERTOS

Concerto de Guitarra Creativa ORIRI

Guitarra Clásica /Jazz
 

Darío Moreira desenvolve no Concerto de Guitarra Creativa ORIRI un estilo de guitarra que conecta coa música oriental, a partir da innovación técnica da Guitarra Clásica.

PROGRAMA

 

A Bordo da Guitarra

Guitarra Clásica /Jazz – Música Tradicional

O compositor toma a testemuña de músicos barrocos e renacentistas como Santiago de Murcia, e segue o roteiro da seda desde Oriente, creando un itinerario creativo, para arribar a costas americanas.

PROGRAMA

 

 

Concerto Didáctico: Por Boca de Guitarra

Encontro interactivo co compositor, que fomenta a creatividade na aprendizaxe.

A exploración da guitarra desde un mirada nova, curiosa ás influencias dun mundo cada vez mais diverso e mestizo, embárcanos na creación de novos roteiros didácticos.

O repertorio de nivel inicial está formado por xogos rítmicos, cancións creadas por nenos e nenas, composicións e adaptacións de temas tradicionais para agrupacións de guitarra.

Para guitarristas avanzados, o compositor comparte a súa paleta de recursos, mostrando un abanico de posibilidades técnicas novas para a guitarra. O repertorio inclúe a presentación de cada técnica e a súa relación con outros instrumentos de corda, a tradución de ritmos étnicos á linguaxe da guitarra, a audición e análise de diferentes modos musicais, a improvisación e interpretación de músicas tradicionais, e unha selección de repertorio de composición.