Darío Moreira achega á técnica guitarrística convencional un amplo bagaxe de experiencia, desenvolvendo con paciencia e precisión cada avance técnico, sempre na procura dun equilibrio entre a eficacia pedagóxica e a beleza musical. Ao longo da súa traxectoria dedicouse á construción dun catálogo sistemático e progresivo, que o acompañou tanto na súa aprendizaxe autodidacta como no uso de técnicas e afinacións alternativas, influenciadas pola rica tradición vihuelística e por diversas culturas musicais ancestrais. As súas composicións reflicten as posibilidades orquestrais da guitarra, abranguendo desde pezas solistas íntimas ata obras sinfónicas, como Cantigas Tradicionais Galegas para Arpa e Orquestra.
Este libro recolle seis cantigas seleccionadas de diversas fontes, como o Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, o Cancioneiro Galego de Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay, o disco Gravacións Históricas de Zanfona de Faustino Santalices, e, procedente do acervo popular, a emblemática Rianxeira. A lírica popular galega constitúe un territorio fecundo, enriquecido pola investigación e o estudo musicolóxico, preservando a esencia destes cantos de cego, cantos de labranza e outras cancións tradicionais de diversos oficios, como o das costureiras. O autor propón acompañamentos guitarrísticos adaptados ás coplas orixinais, xunto con desenvolvementos instrumentais inspirados na cultura e nos saberes tradicionais. Para iso, a guitarra emprega unha afinación alternativa en sol, que permite unha exploración sonora que destaca o uso de notas pedal, un elemento característico das músicas tradicionais.
Darío Moreira Ediciones pon á disposición dos guitarristas un catálogo de obras para guitarra solista, fomentando o desenvolvemento de novas habilidades técnicas na interpretación do instrumento. Estas obras clasifican e describen técnicas innovadoras, como a AI (alzapúa de índice), un recurso contextualizado dentro das tradicións dos instrumentos de corda pulsada de diferentes culturas do mundo.
Album Man Raíz
Darío Moreira adds to conventional guitar technique a wealth of experience, carefully developing each technical achievement while seeking a balance between pedagogical effectiveness and musical beauty. He has dedicated his efforts to creating a systematic and progressive catalog, which has accompanied him as a self-taught student in the use of alternative techniques and tunings, nourished by both the rich vihuela tradition and other ancient musical cultures. His compositions reflect the orchestral possibilities of the guitar, ranging from intimate solo guitar pieces to symphonic works, such as Traditional Galician Cantigas for Harp and Orchestra.
This book contains six cantigas selected from various sources, including the Cancioneiro Popular Galego by Dorothé Schubarth and Antón Santamarina, the Cancionero Gallego by Eduardo Martínez Torner and Jesús Bal y Gay, the album Gravaciones Históricas de Zanfona by Faustino Santalices, and from popular heritage, the well-known Rianxeira. Galician popular lyricism is a fertile territory, enriched by the dedication and study of musicology, which preserves the essence of these blind singers’ songs, work songs, and other traditional melodies from various trades, such as sewing. The author proposes guitar accompaniments for the original verses, along with instrumental developments inspired by traditional culture and knowledge. The guitar employs an alternative tuning in G, opening a field of sound experimentation that enhances the integration of pedal notes, a characteristic element of traditional music.
Darío Moreira Ediciones offers guitarists a catalog of solo guitar works that promote the development of new technical skills in guitar performance. These works classify and describe innovative techniques, such as AI (alzapúa de índice), a resource contextualized within the traditions of plucked string instruments from different parts of the world.

Follow Us!