As orixes multiculturais de Darío Moreira reflicten unha ampla variedade de influencias nas súas composicións. Naceu en Buenos Aires no ano 1962, no seo dunha familia de emigrantes ítalo-arxentinos e luso-galaicos, que en 1964 retorna a Galicia. Creceu no pobo do Porriño, nunha casa de indianos rexentada pola súa avoa paterna. O rítmico son do tren, que atravesa o pobo polo centro, forma parte dos seus primeiros recordos sonoros. A súa nai, Lucía Moreira, natural da provincia de Santa Fe (Arxentina) transmitiulle a súa cultura a través da literatura, a gastronomía e a música. Desde neno tivo contacto co tango rioplatense e o folclore arxentino; aprendeu os paus xenéricos do flamenco e participo en diversas formacións de música popular.
Estudou Guitarra Clásica cos profesores Javier Fernández Oria, Uxío Maio e Tomás Camacho no Conservatorio Superior de Música de Vigo (Galicia), onde tivo a oportunidade de recibir clases maxistrais do mestre José Tomás, quen destacou a súa forza expresiva. Tamén participou con profesores e alumnos en sesións de jazz, aprendendo de forma autodidacta. Dentro do panorama da música folk, formou o grupo Na Lúa, xunto a Xosé Ramón Paz Antón, Pancho Álvarez, Antón Rodríguez e Ricardo Pereiro, realizando un copioso labor de arreglista e compositor sobre o repertorio de música tradicional de Galicia. Gravaron 5 discos e actuaron nos principais festivais de música folk, sendo un dos grupos galegos con maior proxección nos anos 80, e Premio de Critícaa Galega en 1989.
Ante a necesidade de superar as secuelas dunha fractura de mocidade no brazo esquerdo, comezou a utilizar de forma intuitiva unha técnica parecida ao dedillo renacentista, que consiste na pulsación alterna de xema e uña. Isto permitíalle realizar escalas e fraseos melódicos a gran velocidade, e tamén, aplicar este recurso na guitarra acústica e eléctrica, conseguindo o efecto da púa cos dedos. O encontro desta maneira de tocar en instrumentos de corda de diferentes épocas e culturas anímalle a profundar no estudo das músicas do mundo, aplicando técnicas de guitarra innovadoras nas súas composicións e desenvolvendo a capacidade de improvisación, a partir dunha linguaxe chea de recursos rítmicos, melódicos, harmónicos e tímbricos.
Colaboracións Carlos Núñez. Xira de presentación do disco A Irmandade dás Estrelas en Galicia (1997) Uxía Senlle. Compositor e arreglista no CD Danza dás Areas. Xira previa de presentación do disco: Festival de Smara en Alxeria, Festival Brosella Folk Jazz Bruxelles, Expo Lisboa (1998) Grupo de Pandereteiras Ialma. Proxecto da CEE Panta Rhey. Centro Galego de Bruxelas A Tentation. Presentación do repertorio Amoreira Folk no Instituto María Boodschap e os cursos de Nêufchateau (1999) María Rosa Calvo Manzano. Composición das obras Danzas para a Paz (2004) e Fantasía do Novo Mundo (2007) Zoraida Ávila. Concurso Ibérico de Arpa “ Isolda Canta Contos” Composición da obra Flor de Qantu para arpa e guitarra (2011) Pablo da Cruz. Composición da obra Madeira Santa para o Ciclo Ecos do Mediterráneo da XXV edición do Festival Internacional Andrés Segovia de Madrid. (2010) Dúo de guitarras Artepulsado (Pablo San Nicasio e Óscar Rogado) Adaptación da obra Triada Celta e Codanza para dúas guitarras (2011) Colaboración en proxectos interdisplinares de música e danza con diferentes artistas (2007 – 2012) Mari Cruz Planchuelo (danza contemporánea), Niraj Kumar (tabla indú), Ken Slaven ( koto xaponés e violín), Ido Segal ( hansa veena e violín), Lorenzo Solano (frauta travesera), Carlos Guerra e Tokuko Nakamura ( bansuri e voz), Nantha Kumar (tabla indú), Pedro Llopis (canto de harmónicos) e Claudia Leiva (canto de mantras) Premios Mención especial. Certamen de Composición Miquel Llobet (2022) Certame Nacional de Canción de Autor Cantigas de Maio. Concerto Amoreira. Darío Moreira e Gabriel González Moreira (2000) Premio dá Crítica Galega. Disco Ondas do Mar de Vigo. Na Lúa (1989) Producións Discos gravados con Na Lúa e a cantante Uxía. Na Lúa (1985) Foliada de Marzo (1986) A Estrela de Maio (1987) Ondas do mar de Vigo (1988) Contradanzas (1991) Amoreira ao Vivo. Concerto gravado en directo no Centro Cultural de Porriño (1999) Triada Celta e Codanza. Partitura para dúas guitarras (2010) CD Concerto de Guitarra Creativa ORIRI (2017) Partitura con anexo didáctico Sentir Saharahui (2018) Libro de partituras con anexo didáctico 12 Estudías para Guitarra (2019)